A Asesoría Xurídica de CCOO de Santiago de Compostela logra que a xustiza declare nulo o despedimento dunha afiliada do sindicato
A sentenza condena a empresa Exfoga a readmitir a traballadora nas mesmas condicións laborais que tiña e a lle aboar os salarios que deixou de percibir
A Asesoría Xurídica da Unión Intercomarcal de Comisións Obreiras (CCOO) de Santiago de Compostela acaba de gañar un xuízo no xulgado número dous da capital galega polo despedimento dunha traballadora e afiliada do sindicato. A sentenza considera nulo o despedimento e obriga a empresa, Exfoga S. L., a readmitila nas mesmas condicións laborais que tiña e a lle aboar os salarios que deixou de percibir.
(máis…)
A Territorial Noroeste do BBVA concéntrase mañá na Coruña ante as incertezas laborais que poden afectar a 4000 traballadores
Segundo Comfia-CC OO, a implantación de dous proxectos da entidade financeira fan que o persoal teña desconfianza, entre outros, en temas como o salario, a falta de formación ou os traslados
A Federación de Servizos Financeiros e Administrativos de Comisións Obreiras (Comfia-CC OO) anuncia que mañá xoves, 8 de maio, das 11 ás 12:30 horas, haberá na Coruña unha concentración de delegados do BBVA de Galicia, Asturias e Castela e León —comunidades autónomas que forman a Territorial Noroeste do banco—. Terá lugar na porta da oficina principal da entidade financeira na cidade herculina —zona do Cantón Pequeno—.
(máis…)
CCOO presenta un informe sobre a mocidade e as prácticas nos centros de traballo
Este xoves, día 8 de maio, Comisións Obreiras (CC OO) presenta en conferencia de prensa un informe sobre a mocidade e as prácticas nos centros de traballo. O estudo pretende incidir sobre se a realidade das bolseiras e dos bolseiros se corresponde con estancias formativas ou con relacións laborais encubertas.
|
Convocatoria
|
CCOO apoia o acordo para a mellora do emprego e da promoción profesional na Xunta de Galicia
O pasado 10 de abril tivo lugar unha nova xuntanza da mesa xeral dos empregados públicos, na que se chegou a un preacordo entre Función Pública e as organizacións sindicais representativas, que prevé unha oferta pública de emprego (OPE) especial para 2008 na que se van convocar máis de 1.1998 prazas de persoal funcionario (468 para promoción interna) e máis de 1.800 para o laboral (das que unhas 540 serán para promoción interna).
(máis…)